domingo, 31 de decembro de 2017
sábado, 2 de decembro de 2017
Presentación Oficial Club Btt OzaCesuras
O Domingo dia 17 de Decembro de 2017 tedes unha cita en OzaCesuras, aquí terá lugar a presentación oficial do "Club Btt OzaCesuras".
Arrancaremos co evento ás 12:00 da mañá, no edificio multiusos anexo ó Concello.
Deixámosvos a dirección e as coordenadas do lugar:
A Coruña
Oza Cesuras
C/ Lois 16
43.214858
-8.186320
E unhas fotos para que nos encontredes ben:
¡¡¡Esperámosvos a tod@s, tedes que vir¡¡¡
luns, 20 de novembro de 2017
Botamos a rodar ¡¡¡
Aprendín tarde a andar na bici, levoume 7 anos, eu xa me manexaba cós mítios rodins, pero sin eles a cousa cambiaba. Estaba farto de correr pola cociña coa bici de adiante para atrás polo medio do fume que votaba a puta cociña de leña. Collía aire, entraba e saía outra vez polo medio do fume. Era unha grande diversión sin duda, pero necesitaba máis.
Ese dia pasou algo especial, despois de varios intentos fallidos, José levoume pasando a corredoira da Picha, por un carreiro que había polo medio duns prados, íbame collendo polo sillín da miña BH laranxa de paseo herdada de sabe dios quen, iamos falando e cando mirei para atrás iba SOLO, sen apoio¡¡¡. Alí, ese dia aprendin a andar na bici, coñecín creo que por primeira vez a sensación de ser libre...libre dando pedales. Neses anos, aprendes o que vas a usar o resto da tua vida e a partir dese día, a miña pequena vida cambiaba.
Houbeseme gustado vivir en Betanzos por unha única razón: alí había un Clube Ciclista, e aquí en Oza dos Rios, si querías facer deporte o único o que podías optar a facer era fútbol, ou polo menos esa e miña perspectiva de aqueles anos.
Recordo que viñan nosos primos de Betanzos e nos contaban como ían a carreiras por toda Galicia, nesas bicis tan finiñas que parecía que "rompian" se as mirabas.
Recordo que lles deixabamos as nosas bicis para xogar ás carreiras e que non sei como pero "ganabamoslles" sempre. Facíamos circuitos, xogabamos o rei, o que se nos pasaba pola cabeza. E así ibamos medrando...
Xa de mozo, tuven de espello a Javier e a José, que eran máis duros que o vinagre, facían miles de kms xa de nenos, corrían a dios e tiñan moita resistencia, non cansaban nunca, eu era máis tranquilote e andaba menos tempo, aparte de ser o máis noviño dos tres que ibamos nas bicis todo o tempo. Ibamos o colexio o dia das notas, ibamos a taberna de Medin no verán, ó rio de Reboredo, e xuntabamos xente para ir de Ruta nas nosas bicis herdadas desabe dios quen.
Máis tarde chegarían as primeiras BTT´s as nosas vidas, as 21 velocidades e os piñons de 9 dentes combinado cun platogrande de 48 dentes, pa baixar follaos pola Pelada. Fardabas a dios porque as nosas btt´s eran guays, a verdade. Eu creo que nos coñecían en todo o pobo de vernos polas pistas a correr nas bicis. Insistso, eles 2 máis que min, eu sempre fun mais calmado, inda prefería ir só para que non me esperasen sempre.

E a partir de certa idade, entre os 18 e os 24 anos que non sabía moi ben o que quería, que había xa alguns compromisos adquiridos a bici quedou en último plano, foi a temporada que menos andei na bici. Pereza absoluta, outras preferencias, pero pasados estos anos de indiferencia nos que montaba un domingo se non chovía ou se non iba de can por ahí volvín a engancharme o "bicio", e como as historias son cíclicas, outra vez José me incitaba a dar pedales de novo. Alí nos fomos a Lalin sin idea do que era unha Ruta Btt, e de nada menos que de 65kms ¡¡¡¡. Foi moi duro acabar esa Ruta, pero digovos que ese día o ciclismo atrapoume de novo, deume de novo outra forma de vivir. Era polo ano 2000 mais ou menos.
E podería seguir contandovos máis historias da epoca de neno, de adolescente, de adulto...non o vou facer hoxe, esto que vos estou contando e para que vos fagades unha lixeira idea de dónde veño neste mundo dos pedales. E para que comprendades en que reto estou envolto neste momento actual.
Nunha tarde do mes de Septembro, cando nun dos nosos paseos (nunca son paseos,imos co coitelo entre os dentes) saiu o tema de "...e se po ano nos federamos? ...e se poñemos a andar o Club para que sexa algo máis que o promotor da Ruta Btt???. Eu estaba de acordo con todo eso, pensar que no pobo dónde nacín, donde me criei, donde vivo agora, podía ter un Club de Ciclismo sempre foi unha ilusión moi grande, como vos dixen.
E desde ese dia, pasando por unha morea de xestións, de charlas infinitas, de reunions etc etc, definimos un organo de goberno actualizando os cargos na dirección do Clube, metendo máis xente que se involucrara a nivel xestión, promoción e aportara novas ideas.
Arrancamos por fin unha nova etapa como Club BTT OZACESURAS, temos moitas ideas que iremos dando a coñecer tanto por este blog, como polas nosas RRSS. Como obxetivo principal para este 2018 que toca na porta queremos:
-Que poidades como Soci@s sacarvos as Licencias Federativas para participar nas Rutas, Carreiras e Eventos da FGC.
-Que teñades a oportunidade de formar parte dos nosos Eventos, e vos beneficiedes como Soci@s das vantaxes que poidamos sacar para tod@s.
-Que si non tedes un grupo definido para as vosas saídas en bici, e queredes ir con máis xente, ser nós os mediadores para facer unha boa grupeta.
-Seguir adiante coa Ruta Btt que tanto éxito acadou nestes últimos anos.
E como liña xeral, poñendo o traballo e a seriedade por diante, intentaremos ser o millor Clube de Galicia, non en cantidade (que tamén estaría ben) si non en calidade. Queremos estar a altura de tod@s vos.
Pouco máis queda que dicir, solo que queremos contar con tod@s vos, que estamos en marcha XA e que cedo teredes noticias dos pasos que vamos a ir dando.
Un Saludo de Finn Lodeiro e de todos os compañeiros Directivos do Clube.

martes, 6 de xuño de 2017
Grazas!
Aproveitamos a captura de pantalla do vídeo do noso compañeiro Álex Montes para darvos as grazas a todos os que fixeste posible esta quinta edición da ruta BTT Oza Cesuras: participantes, voluntarios, patrocinadores, protección civil, personal médico...
Só lamentamos que un ciclista, Adrián Gómez, sufriu unha lesión a causa dunha caída, e desexámoslle que estea dando pedales de novo o antes posible.
En vindeiros días iremos poñendo fotos e vídeos nas pestanas correspondentes do blog, e actualizando as novas no noso facebook.
Queremos darvos as grazas ós participantes, ademais, por deixar o monte tal como estaba, polo ambiente da ruta e por animarnos a seguir celebrando esta festa do "bicio".
Esperámosvos en 2018!
venres, 2 de xuño de 2017
Indicacións e avisos de última hora.
Faltan
48 horas para que se celebre a quinta edición da ruta cicloturista
NON COMPETITIVA de Oza Cesuras. O primeiro, queremos darvos as
gracias por participar. E, a seguir, van unhas normas e INDICACIÓNS XERAIS
SEGURIDADE:
Como
se di no
noso regulamento (clic), a ruta é ABERTA Ó TRÁFICO. Que quere
dicir isto? Que en todo momento tedes que respectar as normas. Aínda
que teremos xente na maioría dos cruces para a maioría de
participantes, nalgúns momentos, por cuestións de organización,
isto non é posible. RESPECTADE O CÓDIGO DE CIRCULACIÓN
DORSAIS:
Desde
hoxe ás 10:00 da mañá ata mañá sábado ás 21:00 horas podedes
recoller os dorsais e o agasallo para todos os participantes no
Decathlon
Oleiros, no horario de apertura habitual deste establecemento
colaborador.
O
domingo desde as 8:30 faremos reparto de dorsales e agasallos para
todos os participantes no Pavillón Municipal de Oza dos Ríos. Tes a
localización
aquí, está a carón do campo de fútbol. E, aquí, o
xeito de chegar. O domingo, os principais accesos ó Pavillón
estarán sinalizados. E, como vedes na imaxe, haberá aparcamento
moi cerca do pavillón.
PERCORRIDO:
O percorrido final terá, aproximadamente, 38 kilómetros e 1150 metros de desnivel acumulado, e a dificultade técnica e física é media. Haberá un atallo sinalizado por unha pista forestal ancha, pero os membros da organización poden indicarvos novos atallos. Haberá un avituallamento sólido e líquido aproximadamente no kilómetro 18, e outro líquido aproximadamente no kilómetro 25.
PROHIBICIÓNS:
Aquel
participante que tire desperdicios no monte fóra dos puntos
establecidos nos avituallamentos ou falte ó respecto a algún
compañeiro de ruta ou da organización, será expulsado.
Retiraráselle o dorsal e deixará de ter dereito ós beneficios da
participación nesta ruta.
SINALIZACIÓN DO PERCORRIDO:
A sinalización consiste en frechas de cor laranxa, cintas de plástico branco e vermello e sinalización vertical.
Se tedes cintas a ambos lados dunha pista ou
sendeiro, tedes que seguir esa pista ou sendeiro. Se vedes unha
nun camiño, ide sempre cara a ela. E nunca vos desviedes do camiño
polo que circulades seguíndoas. Se un membro da organización vos
indica que sigades unha determinada dirección, facédeo aínda que
contradiga os sinais.
Se vedes unha
atravesada de lado a lado no chan, non a atravesedes.
Unha cruz tamén indica que ese camiño é equivocado.
Unha cruz tamén indica que ese camiño é equivocado.
En
caso de accidente, chamádenos e enviádenos a vosa ubicación por whatssapp ó
número 618853624.
AGASALLOS:
Os
agasallos que recibirán TODAS AS PARTICIPANTES e os afortunados
nos sorteos de produtos cedidos polos nosos patrocinadores serán
entregados no Pavillón de Oza antes do inicio da proba, desde as
8:30 da mañá.
DUCHAS, LAVADO, PINCHOS:
Ó final da ruta, a organización fará entrega duns pinchos e bebidas a todos os participantes. Haberá tamén duchas e lavado de bicicletas. E un stand dedicado á Seguridade Vial, outro para proba de bicicletas eléctricas proporcionado por Decathlon Oleiros e, por último, unha pulpada organizada pola Asociación de Viciños das Capillas, con racións completas a doce euros (pulpo, pan, patacas, pementos, viño e café) e tapas a 5 euros (o mesmo pero en menor cantidade e sen café).
Se tedes calquera dúbida consultade o noso blog, o noso facebook ou enviádenos un correo a bttozadosrios@gmail.com
Os que viñestes outros anos xa sabedes como hai que facer a nosa ruta: TRANQUILOS, QUE SÓ QUEDA O PEOR. ;)
Que a disfrutedes!

sábado, 27 de maio de 2017
Prazo de inscrición pechado!
Dado que o pasado xoves acadamos o número máximo de participantes previsto, as inscricións para a 5ª edición da Ruta BTT Oza Cesuras están pechadas.
En vindeiros días iremos anunciando novidades, enviando as normas de seguridade a tódolos inscritos e seguiremos sorteando novos produtos proporcionados polos nosos patrocinadores.
Recordámosvos que a Ruta BTT Oza Cesuras non é competitiva e o tráfico non está cortado, polo que hai que respectar as normas de circulación.
Esperámosvos o día 4, co desexo de que disfrutedes do percorrido que estamos deseñando.
venres, 5 de maio de 2017
Inscricións 5ª edición Ruta BTT Oza Cesuras
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO,
ESPERÁMOSTE EN 2018!!
O prazo para a inscrición na 5ª edición da ruta BTT Oza Cesuras, que se celebrará o 4 de xuño de 2017, xa está aberto.
O custo da participación é de 10€. A hora de saída será as 9.30, dende o Pavillón de Deportes de Oza dos Ríos como é habitual, e a recollida de dorsais pode facerse a partir das 8.30 ese mesmo día. Podedes consultar aquí o regulamento completo.
O pago da inscripción debe facerse efectivo na conta do Banco Santander ES85 0049 6637 7222 9001 9613
Podedes facer a preinscrición dende esta ligazón ou enviando un correo electrónico a bttozadosrios@gmail.com. De todas formas, só estaredes realmente inscritos unha vez feito o pagamento na devandita conta.
Nos casos de inscrición de múltiples participantes nun único pagamento, por favor facédenos chegar nun correo electrónico a hora, data e importe da transferencia ou ingreso, e os nomes de todos os participantes dos que se fai a inscrición no citado abono.
O límite de participantes para esta edición está establecido en 350 bicios@s.
Como tódolos anos, haberá treitos novos. Manteremos unha ruta longa de arredor de 40 kilómetros polo Monte do Gato e Sendeiros do Mandeo na que sinalizaremos atallos para que se podan facer alternativas algo máis curtas.
E, como en anteriores edicións, esta ruta cicloturista non é federada nin competitiva.
Proximamente iremos anunciando os patrocinadores que fan posible a celebración deste evento, comezando, como en todas as rutas anteriores, polo Concello de Oza Cesuras.
¡Esperámosvos!
luns, 1 de maio de 2017
101 Peregrinos, Ponferrada
Esta pasada fin de semana tocou viaxar a Ponferrada para disfrutar da 101 Peregrinos. Cóntanos a experiencia o 73º clasificado na súa categoría: o bicioso Pablo De Diego. Gracias e parabéns, Pablo!
CRÓNICA DA RUTA 101 PEREGRINOS 2017
Esta vez non nos pasou como o ano
pasado, que quedamos sen praza para os 101 Peregrinos. O día que abriron
o prazo, ás 00:20 horas, xa estabamos apuntados os catro biciosos de
Oza-Cesuras BTT, Alex, Suso, Rubén e máis eu.
Venres 28: chegamos a Ponferrada, e
cando estamos aparcando para recoller os dorsais, encontramos aos compañeiros do Club
Montaevai o Pino, cos que intercambiamos saúdos e desexos de sorte
na ruta.
Chegamos ao Hotel “Conde de Lemos” e xusto diante vemos que hai un palco da música, Ponferrada en festas! Moito non imos durmir.
Chegamos ao Hotel “Conde de Lemos” e xusto diante vemos que hai un palco da música, Ponferrada en festas! Moito non imos durmir.
Avituallamos abundantemente no
restaurante Ancla, hai moito bicioso por aquí, e moitos falan
galego.
O sábado, 29 de abril de 2017, esperábanos a esixente ruta 101 Peregrinos, de 102 km e 3721 m de subida acumulada
polos camiños do Bierzo, cun recorrido que pasa polos concellos de
Priaranza del Bierzo, Borrenes, Carucedo e Puente de Domingo Flórez.
Esta "andaina" transcorre en gran parte
polo “Camiño de Santiago de Inverno”. Este camiño usábase en inverno
porque o tramo do Bierzo do Camiño Francés, cando chovía moito, obrigaba
aos peregrinos a atravesar ríos con moita auga e malas pontes.
Coas máquinas engrasadas e os dorsais
no noso poder diriximonos á liña de saída, facéndonos un oco entre a masa
ciclista. A saída está prevista para as 8.30 e
está organizada por caixóns para evitar embotellamentos xa que
estamos 2100 ciclistas con ansias de monte.
A esta hora vai frío, non ameaza con
chover pero está claro que ao correr o día pasaremos calor.
O obxectivo noso (polo menos o dos
veteranos) é disfrutar da ruta “a contos e risas” comer nos avituallamentos o
que se tercie, (disque hai xabarín) e acabala con dignidade a ritmo “motor
diésel”.
8:30, alá vamos coa música de fondo
de Axel Rose a todo volumen, con nervios e ilusión polo primeiro tramo urbano
neutralizado, e con ganas de meternos no monte.
Empezamos coas subidas e baixadas que
se suceden, os camiños están moi secos e poeirentos, e levántanse
nubes que obrigan a baixar case a cegas por algúns tramos. Atravesamos impresionantes soutos de castiñeiros e campos de viñas castigadas pola xeada.
Chegamos ao pueblo de Toral de Merayo,
pasamos Santalla del Bierzo, Borrenes e a zona de Carucedo, seguimos subindo e
baixando hasta que chegamos a Las Médulas no kilómetro 32,
disfrutando dunha paisaxe impresionante mentres damos pedal e
comentamos as xogadas.
Os avituallamentos son abundantes (un
cada 8 Km) e son atendidos por moitos voluntarios, colaboradores, e
polo Exército, que dispón de grandes tendas de campaña e vehiculos de
apoio.
Sirven auga, bebidas isotónicas, e
canto máis nos achegamos ao final da ruta empeza a haber chourizo,
patacas con xabarin, ovos cocidos, etc.
Entramos na vila de Puente de Domingo
Flórez, (km.43) e iniciamos a subida a San Pedro de Trones, subida
nada “jraciosa”, na que imos silbando “verano azul”.
Chegamos a Yeres, aldea na que hai un
punto de control que anuncia automáticamente o dorsal do corredor e
nalgúns casos fai comentarios chistosos. “Dorsal 51 ,el rey de la
101”, “805 por el c. te la hinco” etc. Aquí nos comenta un
paisano que nos queda un “repechín”, referíase ao cortalumes
vertical de Yeres, zona de obrigado “bike pushing”.
A ascensión ao Campo da Braña (km 58)
é interminable e vense ao lonxe ringleiras de ciclistas como
formiguiñas alá nas montañas. Afrontamos a subida a ritmo “sin
prisa pero sen pausa”, agás Álex, que se despega do grupo e
afronta o resto da andaina en solitario.
Máis adiante un cartel dános a elixir
entre baixada “vruta” e “baixada normal”e sabendo como as
gastan por aquí, Suso, Rubén e mais eu escollemos “normal”. Alex contaríanos despois que era para
matarse, ou sexa baixada vruta, xa que el si baixou por aí "porque non vin a outra". Despois de pasar por Orellán, La Chana
e Villavieja baixamos ao Castelo de Cornatel onde nos anima un grupo
de “Templarios” vestidos con túnicas blancas.
Chegamos á vila de Villalibre de la
Jurisdicción, no kilómetro 74, que, según nos contan, é a vila das
tres mentiras: “ni es villa, ni es libre ni tiene jurisdicción”.
As rapazas do avituallamento bérrannos: “parar a tomar una
caña!!!!!” e os tres veteranos facémoslle caso e tomamos unha
estrella e unha tapa de xamón.
Os ultimos tramos bordean o río Sil,
unha voluntaria bérranos “los he visto más limpios” e chegamos
a ansiada meta os tres veteranos xuntos ás 18.30 horas despois de 10
horas de bici de montaña. Álex xa estaba duchado e nos recibe na
meta do Toralín.
Valeu a pena, para o ano repetimos.
Un saúdo, compañeiros!
luns, 24 de abril de 2017
Pontevedra 4 Picos
Pois aí vos vai outra crónica. Desta vez escribiuna Álex Trujillo, un dos máis novos da BTT Oza Cesuras. Cóntanos a participación de cinco biciosos na Pontevedra 4Picos. Gracias, Álex!
-------------------------------
PONTEVEDRA 4 PICOS, crónica de Álex Trujillo
O pasado sábado celebrábase a 3ª edición da proba
ciclista “4 Picos” en Pontevedra: un total de 130 km con 3000m de desnivel acumulado (FAI CLIC). E como non, algún membro da BTT Oza-Cesuras non podía faltar, presentándonos
na linea de saida 5 integrantes do club (un deles camuflado baixo os colores
de Btwin) para afrontar un dos desafíos máis duros de Galicia.
As 7:15 cheguei o Palacio de Congresos de
Pontevedra co encargo de recoller os dorsais de Keko, Suso, Rubén e Pablo. O día
xa pintaba ben a esta hora, non se divisaba ninguna nube no ceo, e o sol (que
non se deixou ver na nosa andaina de 200 kms a Finisterre) xa avisaba de como ía a
ser a nosa aventura.
Sobre as 8:00 chegaban os meus compañeiros de
aventura, coma sempre con un : “Ola Señor!!” precedido por un “Joder, puto
Btwin” do Presi. Todos engalanados coa roupa da BTT e listos para afrontar o
día a contos e a risas.
Na línea de saída, empezanse a escoitar
burradas de nerviosismo e moitas risas, que se esfumarían nas primeiras rampas
de asfalto que nos encontramos. Mais ou menos os 7-8 km empezaban os camiños de
terra para empezar a ascender o primeiro pico chamado “Lago Castiñeiras” no
que Keko e eu (Alex) impoñíamos un bo ritmo e deixabamos atrás os veteranos do
club (Rubén, Suso e Pablo), que ían poñer un ritmo "a risas e a contos"
durante a proba.
![]() |
Keko e Álex |
Aquí empezaba a aventura de Keko e miña, os dous novatos nesta proba, pero que repetiremos para o ano. O ritmo que levabamos era fuerte e constante, encontrandonos cada vez mellor km tras km hasta que na baixada cara o segundo pico, un pinchazo meu nos cortou. Keko foi buscar axuda coa mala sorte de que uns metros adiante tiñamos unha baixada técnica na que despois non consigueu subir. Uns bos samaritanos vestidos de ciclistas, pararon o meu lado e axudaronme a reparar esto, para logo emprender o camiño xuntos hasta o fin da baixada donde nos despedimos, xa que queria encontrar o meu compañeiro de aventuras como fora. Impuxen un ritmo moi alto ata o segundo avituallamiento onde me encontrei con el, que tamén tivo algún percance e tivo que usar a asistencia mecánica da proba.
Empezabamos a subida do segundo pico co mismo
ritmo que subimos o primeiro, ou mais alto, dado que empezamos a 14 de media e
acabamolo a case 15…¡¡¡como sube Keko mamaiña!!! Aquí xa serian as 12 do
mediodía e o sol xa apretaba con ganas, menos mal que tocaba baixar e a brisa
facía o seu traballo da mellor maneira posible. Unha baixada técnica e moi
divertida nos esperaba para despois seguir por un paseo o lado do río para
chegar de novo o Palacio de Congresos de Pontevedra, repoñer forzas, e
mentalizarse dos 70 km
que nos quedaban para superar a proba e obter unha medalla que sabe a gloria.
Empezamos a ascensión o terceiro pico, e o
esforzo realizado nos primeiros dous picos pásame factura, tendo que parar en
varias ocasions para estirar e repousar as pernas. Subindo a duras penas e con Keko
esperando por min, chegamos o avituallamiento do km 74 onde nos tiramos
durante 10 minutos a comer e a descansar, e a pensar que ía facer para
conseguir acabar, dado que as pernas avisaban constantemente e non me vía con
forzas para acabar os 60 km
que faltaban.
Fomos tirando pouco a pouco, e conseguimos
chegar a cima do “Acibal” (terceiro dos picos e o máis duro para min). Empezamos un
descenso fácil con algun tramo técnico no que os brazos sufrían o cansancio e
non se controlaba a bicicleta como se quería.
Sen auga nos nosos botellíns, iniciabamos o ascenso para o 4 pico no que, gracias a suerte divina, encontramos uns veciños da zona os cales nos enchían os botellíns con auga fresca, e nos avisaban do que nos viña encima neste pico; pero como xa sabemos os da BTT Oza-Cesuras, temos que ir tranquilos, so queda o pior…
E esto foi o que non fixemos Keko e eu, ir
tranquilos. Así como no terceiro pico subimos ó mínimo posible, neste volvemos
a tirar coma castróns, pero antes ainda paramos 15 minutos no avituallamiento
no km 104, no que chamamos os nosos compañeiros, os cales estaban tomando un
Coca-Cola nun dos bares antes de iniciar o ascenso o ultimo dos picos, o monte
Castrove. Nós, tirados a sombra e comendo ben, pensamos varias veces en quedar
ali, pero chegados a este punto, non tiñamos volta.
Volvímonos subir as nosas compañeiras de
fatigas, para empezar a ascensión a bo ritmo ó 4º pico. Ultimos 10 km de subida para despois
facer unha baixada de 15 km
faciles con algúns metros técnicos, e os últimos 4 de asfalto nos que xa
empezabamos a felicitarnos despois de case 9 horas na bicicleta.
Unha vez na meta, puxéronnos a medalla de
finisher ó pescozo e estivemos esperando polos nosos compañeiros que tardaron
30-40 minutos máis para facer unha entrada triunfal baixo os nosos
aplausos.
Un bo día de bicio, no que tivemos tempo a
disfrutar, a sufrir, a risas e a contos, no que tamen aprendín a que se non
conoces a proba, hai que baixar o ritmo para non sufrir… Pero bueno, esto dígoo
ahora, e seguramente nos 101 Peregrinos o vindeiro sábado me volva a pasar o mesmo...
Un saúdo e a recuperar esas pernas,
biciosos!!!
xoves, 20 de abril de 2017
Camiño a Fisterra
Aínda que non o pareza polo pouco que contamos por aquí, durante todo o ano dámoslle o bicio e ás veces ocórresenos facer cousas como esta que nos conta o presi, Suso Vilas, na súa primeira crónica. Que haxa moitas máis!
-------------------------------
CAMIÑO A FISTERRA
O
pasado Venres Santo, 14 de abril,catro integrantes da BttOzaCesuras - aínda que nalgún
maillot poñia btwin - decidimos facer unha ruta ca bici de carretera
ata Fisterra. A idea inicial xurdiu de
Ruben e Álex Trujillo, despois Keko e eu tamen decidimos unirnos o
desafio.
As 7:30h recolleume Ruben,
que viña acompañado da sua xefa. Nesta ocasión viña para
acompañarnos de coche escoba, o cal era unha boa garantía por si
xurdía algún problema físico ou mecánico. Despois de montar tamén Keko,
dirixímonos ata Bertamiráns, onde quedaramos con Álex, o cal xa según
chegamos tivo que facer de mecanico para amañar o cambio da miña
montura, que quedou como novo en cero coma: un crack!
Saimos de Bertamiráns, con
tempo fresco, e xa queriamos encontrar as primeiras subidas para entrar
en calor. Iamos marcando bo ritmo en
grupo e os primeiros kilómetros eran bos para rodar.
Como manda o código
ciclista, fixemos parada para repostar , a primeira cerca da carballeira de Berdeogas, e
despois volvimos rodar dirección Cee, o cal deixamos detrás
e xa podiamos ver o faro de Fisterra.
A
subida ó faro estaba libre de tráfico e subimos a bo ritmo, xunto a
un rosario de xente que ian andando. No sprint final o faro, Alex
chegou primeiro seguido de Keko, eran as 12:30h. Como tódolos foráneos que
ali estabamos no faro, quixemos quitar fotos da nosa presencia na
zona.
Pronto fixemos o descenso,
no cal os derradeiros kilómetros estaban ateigados de coches que
baixaban do faro e entraban no pobo. Alí encontramos á jefa no coche escoba, parada nunha longa caravana, e recomendámoslle que dera a
volta.
De mutuo acordo decidimos ir
pedaleando ata as 14:00h para parar a comer. A esa hora estabamos no Ézaro e como a cabra tira o monte, decidimos intentar subir ata o
mirador antes de comer. O primeiro foi Alex o cal chegou ata o mirador (FAI CLIC). Despois Keko e eu só chegamos ata as primeiras rampas de
cemento, onde o corazón e pernas non tiñan o día para subir. Rubén
foi mais listo e xa quedou no principio da subida.
Para comer estaban os
restaurantes petados de xente e con largos minutos de espera. Nun
deles, tiñamos que esperar 30 minutos e non se podía reservar, pero
alí estaba á jefa de Rubén al acecho dun sitio na terraza con vistas o mar, no
cal disfrutamos dun bo xantar.
A temperatura agora era
agradable e de seguido puxemos outra vez un bo ritmo ata Carnota.
En Muros fixemos parada
técnica, pois tiña eu a familia que quixeron animarnos na nosa
viaxe.
Keko dixo logo que moito agradeceu
esa parada.
Nos vindeiros kilómetros xa
só falabamos do tramo de subida a San Xusto. Antes da subida,
fixemos parada pa comer uns bocatas de xamon... que ricos!
Facendo alarde de
escalador, como en tódalas subidas longas, alá se nos foi Keko. e Alex
uns metros detras, para afrontar a subida final. Rubén e eu, decidimos aforrar
forzas e subimos a ritmo de caracol. Despois da subida fixemos un
rapido descenso ata Urdilde, e alí estaban os dous fugados
esperando.
Os ultimos kilómetros,
fixémolos xuntos pero non revoltos, ata Bertamiráns. Ali xa
estaba a jefa esperando e, despois de montar as bicis no coche, fumos tomar unhas
merecidas cervezas (eu Super Bock). Alí comentamos o vivido
durante o dia na bici.
Pola miña parte, dicir que
disfrutei moitisimo da compañía e de todo o percorrido. Xa me tarda
outra saida con mais biciosos. Falamos de repetir a ruta, pero polo
monte.
Esto foi mais ou menos o
que sucedeu. E si non, viñérades.
Saúdos!
Suso Vilas
luns, 17 de abril de 2017
4/06/2017 - 5ª edición BTT Oza Cesuras
A data de celebración da 5ª edición da Ruta BTT Oza Cesuras será o vindeiro 4 de xuño de 2017. Pronto iremos anunciando o prazo e prezo de inscrición, información de emerxencia, percorridos e outros datos importantes para que todo vaia o mellor posible.
Contamos con vós.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)