martes, 6 de xuño de 2017

Grazas!


Aproveitamos a captura de pantalla do vídeo do noso compañeiro Álex Montes para darvos as grazas a todos os que fixeste posible esta quinta edición da ruta BTT Oza Cesuras: participantes, voluntarios, patrocinadores, protección civil, personal médico...

Só lamentamos que un ciclista, Adrián Gómez, sufriu unha lesión a causa dunha caída, e desexámoslle que estea dando pedales de novo o antes posible.

En vindeiros días iremos poñendo fotos e vídeos nas pestanas correspondentes do blog, e actualizando as novas no noso facebook.

Queremos darvos as grazas ós participantes, ademais, por deixar o monte tal como estaba, polo ambiente da ruta e por animarnos a seguir celebrando esta festa do "bicio".

Esperámosvos en 2018!

venres, 2 de xuño de 2017

Indicacións e avisos de última hora.



Faltan 48 horas para que se celebre a quinta edición da ruta cicloturista NON COMPETITIVA de Oza Cesuras. O primeiro, queremos darvos as gracias por participar. E, a seguir, van unhas normas e INDICACIÓNS XERAIS


SEGURIDADE:

Como se di no noso regulamento (clic), a ruta é ABERTA Ó TRÁFICO. Que quere dicir isto? Que en todo momento tedes que respectar as normas. Aínda que teremos xente na maioría dos cruces para a maioría de participantes, nalgúns momentos, por cuestións de organización, isto non é posible. RESPECTADE O CÓDIGO DE CIRCULACIÓN


DORSAIS:
Desde hoxe ás 10:00 da mañá ata mañá sábado ás 21:00 horas podedes recoller os dorsais e o agasallo para todos os participantes no Decathlon Oleiros, no horario de apertura habitual deste establecemento colaborador. 

O domingo desde as 8:30 faremos reparto de dorsales e agasallos para todos os participantes no Pavillón Municipal de Oza dos Ríos. Tes a localización aquí, está a carón do campo de fútbol. E, aquí, o xeito de chegar. O domingo, os principais accesos ó Pavillón estarán sinalizados. E, como vedes na imaxe, haberá aparcamento moi cerca do pavillón.


PERCORRIDO:
O percorrido final terá, aproximadamente, 38 kilómetros e 1150 metros de desnivel acumulado, e a dificultade técnica e física é media. Haberá un atallo sinalizado por unha pista forestal ancha, pero os membros da organización poden indicarvos novos atallos. Haberá un avituallamento sólido e líquido aproximadamente no kilómetro 18, e outro líquido aproximadamente no kilómetro 25. 

PROHIBICIÓNS:
Aquel participante que tire desperdicios no monte fóra dos puntos establecidos nos avituallamentos ou falte ó respecto a algún compañeiro de ruta ou da organización, será expulsado. Retiraráselle o dorsal e deixará de ter dereito ós beneficios da participación nesta ruta.


SINALIZACIÓN DO PERCORRIDO:

A sinalización consiste en frechas de cor laranxa, cintas de plástico branco e vermello e sinalización vertical.

Se tedes cintas a ambos lados dunha pista ou sendeiro, tedes que seguir esa pista ou sendeiro. Se vedes unha nun camiño, ide sempre cara a ela. E nunca vos desviedes do camiño polo que circulades seguíndoas. Se un membro da organización vos indica que sigades unha determinada dirección, facédeo aínda que contradiga os sinais.

Se vedes unha atravesada de lado a lado no chan, non a atravesedes.

Unha cruz tamén indica que ese camiño é equivocado.


EN CASO DE ACCIDENTE;

En caso de accidente, chamádenos e enviádenos a vosa ubicación por whatssapp ó número 618853624.


AGASALLOS:

Os agasallos que recibirán TODAS AS PARTICIPANTES e os afortunados nos sorteos de produtos cedidos polos nosos patrocinadores serán entregados no Pavillón de Oza antes do inicio da proba, desde as 8:30 da mañá.


DUCHAS, LAVADO, PINCHOS:


Ó final da ruta, a organización fará entrega duns pinchos e bebidas a todos os participantes. Haberá tamén duchas e lavado de bicicletas. E un stand dedicado á Seguridade Vial, outro para proba de bicicletas eléctricas proporcionado por Decathlon Oleiros e, por último, unha pulpada organizada pola Asociación de Viciños das Capillas, con racións completas a doce euros (pulpo, pan, patacas, pementos, viño e café) e tapas a 5 euros (o mesmo pero en menor cantidade e sen café).

Se tedes calquera dúbida consultade o noso blog, o noso facebook ou enviádenos un correo a bttozadosrios@gmail.com

Os que viñestes outros anos xa sabedes como hai que facer a nosa ruta: TRANQUILOS, QUE SÓ QUEDA O PEOR. ;)

Que a disfrutedes!