luns, 20 de novembro de 2017

Botamos a rodar ¡¡¡

Aprendín tarde a andar na bici, levoume 7 anos, eu xa me manexaba cós mítios rodins, pero sin eles a cousa cambiaba. Estaba farto de correr pola cociña coa bici de adiante para atrás polo medio do fume que votaba a puta cociña de leña. Collía aire, entraba e saía outra vez polo medio do fume. Era unha grande diversión sin duda, pero necesitaba máis.
Ese dia pasou algo especial, despois de varios intentos fallidos, José levoume pasando a corredoira da Picha, por un carreiro que había polo medio duns prados, íbame collendo polo sillín da miña BH laranxa de paseo herdada de sabe dios quen, iamos falando e cando mirei para atrás iba SOLO, sen apoio¡¡¡. Alí, ese dia aprendin a andar na bici, coñecín creo que por primeira vez a sensación de ser libre...libre dando pedales. Neses anos, aprendes o que vas a usar o resto da tua vida e a partir dese día, a miña pequena vida cambiaba.


Houbeseme gustado vivir en Betanzos por unha única razón: alí había un Clube Ciclista,  e aquí en Oza dos Rios, si querías facer deporte o único o que podías optar  a facer era  fútbol, ou polo menos esa e miña perspectiva de aqueles anos.

Recordo que viñan nosos primos de Betanzos e nos contaban como ían a carreiras por toda Galicia, nesas bicis tan finiñas que parecía que "rompian" se as mirabas.


 Recordo que lles deixabamos as nosas bicis para xogar ás carreiras e que non sei como pero "ganabamoslles" sempre. Facíamos circuitos, xogabamos o rei, o que se nos pasaba pola cabeza. E así ibamos medrando...

Xa de mozo, tuven de espello a Javier e a José, que eran máis duros que o vinagre, facían miles de kms xa de nenos, corrían a dios e tiñan moita resistencia, non cansaban nunca, eu era máis tranquilote e andaba menos tempo, aparte de ser o máis noviño dos tres que ibamos nas bicis todo o tempo. Ibamos o colexio o dia das notas, ibamos a taberna de Medin no verán, ó rio de Reboredo, e xuntabamos xente para ir de Ruta nas nosas bicis herdadas desabe dios quen.
Máis tarde chegarían as primeiras BTT´s as nosas vidas, as 21 velocidades e os piñons de 9 dentes combinado cun platogrande de 48 dentes,  pa baixar follaos pola Pelada. Fardabas a dios porque as nosas btt´s eran guays, a verdade. Eu creo que nos coñecían en todo o pobo de vernos polas pistas a correr nas bicis. Insistso, eles 2 máis que min, eu sempre fun mais calmado, inda prefería ir só para que non me esperasen sempre.




E a partir de certa idade, entre os 18 e os 24 anos que non sabía moi ben o que quería, que había xa alguns compromisos adquiridos a bici quedou en último plano, foi a temporada que menos andei na bici. Pereza absoluta, outras preferencias, pero pasados estos anos de indiferencia nos que montaba un domingo se non chovía ou se non iba de can por ahí volvín a engancharme o "bicio", e como as historias son cíclicas, outra vez José me incitaba a dar pedales de novo. Alí nos fomos a Lalin sin idea do que era unha Ruta Btt, e de nada menos que de 65kms ¡¡¡¡. Foi moi duro acabar esa Ruta, pero digovos que ese día o ciclismo atrapoume de novo, deume de novo outra forma de vivir. Era polo ano 2000 mais ou menos.


E podería seguir contandovos máis historias da epoca de neno, de adolescente, de adulto...non o vou facer hoxe, esto que vos estou contando e para que vos fagades unha lixeira idea de dónde veño neste mundo dos pedales. E para que comprendades en que reto estou envolto neste momento actual.

Nunha tarde do mes de Septembro, cando nun dos nosos paseos (nunca son paseos,imos co coitelo entre os dentes) saiu o tema de "...e se po ano nos federamos? ...e se poñemos a andar o Club para que sexa algo máis que o promotor da Ruta Btt???. Eu estaba de acordo con todo eso, pensar que no pobo dónde nacín, donde me criei, donde vivo agora, podía ter un Club de Ciclismo sempre foi unha ilusión moi grande, como vos dixen.

E desde ese dia, pasando por unha morea de xestións, de charlas infinitas, de reunions etc etc, definimos un organo de goberno actualizando os cargos na dirección do Clube, metendo máis xente que se involucrara a nivel xestión, promoción e aportara novas ideas.


Arrancamos por fin unha nova etapa como Club BTT OZACESURAS, temos moitas ideas que iremos dando a coñecer tanto por este blog, como polas nosas RRSS. Como obxetivo principal para este 2018 que toca na porta queremos:

-Que poidades como Soci@s sacarvos as Licencias Federativas para participar nas Rutas, Carreiras e Eventos da FGC.
-Que teñades a oportunidade de formar parte dos nosos Eventos, e vos beneficiedes como Soci@s das vantaxes que poidamos sacar para tod@s.
-Que si non tedes un grupo definido para as vosas saídas en bici, e queredes ir con máis xente, ser nós os mediadores para facer unha boa grupeta.
-Seguir adiante coa Ruta Btt que tanto éxito acadou nestes últimos anos.

E como liña xeral, poñendo o traballo e a seriedade por diante, intentaremos ser o millor Clube de Galicia, non en cantidade (que tamén estaría ben) si non en calidade. Queremos estar a altura de tod@s vos.

Pouco máis queda que dicir, solo que queremos contar con tod@s vos, que estamos en marcha XA e que cedo teredes noticias dos pasos que vamos a ir dando.

Un Saludo de Finn Lodeiro e de todos os compañeiros Directivos do Clube.