martes, 4 de xuño de 2013

1º BTT Oza dos Ríos nos medios.

Ademais da imaxe que puxeron na páxina do Concello de Oza felicitando á organización polo éxito deste primeiro encontro, podedes consultar outras notas de prensa que foron aparecendo en diferentes medios.


 Nesta imaxe aparecen os organizadores da ruta en "La Opinión de A Coruña" do domingo 2 de xuño, e, se picades aquí, atoparedes unha nova sobre a ruta publicada en "El Noticiero de Arteixo"

Para o ano procuraremos enmendar os erros desta primeira convocatoria e, entrementres, iremos colgando, no apartado "Rutas" información doutras cercanas ou daquelas que se poden facer en BTT polo noso concello e os dos arredores.