luns, 9 de maio de 2016

A pola quinta (4/6/2017)


Julio, Suso Vilas, Eva, Noa, Alberto Lodeiro, Beni, Seíto, Rosi, Diego, Ada, Mariola, Álex Trujillo, Juan Purito Feal, Barbeito, Alberto Vilas, David Lodeiro, Juan V., Rubicho, Lu, Rocho, Pablo de Diego, Jose Garea, Jose Lodeiro, Javier Lodeiro, Alberto, Fusco, Tito, Ernst, Montegatto Centro Canino, Pako Diz, Martin Pérez, Malditabuenasuerte, Tocho, Gadis, Cervecería Kloos, Quique, Roberto Busto, Fernando, Roberto Fontenla, Fisioterapia Crisol, Manolín, Martín, Pablo González, Concello de Oza Cesuras, Bruno G. Naveira, Ciqlo Bike Store, Alberto Veiga, Damián, Daniel Mantiñán, Caimanes Betanzos, Toni, Ángel do Moderno, Protección Civil, David Ruzo, José Luis, Roberto, Adrián Pipa e Juanma... (Seguro que esquecemos alguén)

MOITAS GRACIAS A TODOS: participantes, voluntarios, colaboradores, patrocinadores... todos os que facedes posible que cada ano organicemos a Ruta BTT Oza Cesuras.

E ós participantes, desculpas polos erros. Tedes nestes enlaces varios álbumes con fotos da 4ª edición feitas por diferentes fotógrafos. Pronto, máis.


Para o ano, o 4 de xuñode 2017 (anotade nas axendas) volveremos estar aquí se nada se torce.

------------
Editada unha vez conseguidos todos os permisos e espazos necesarios para a celebración.

luns, 11 de abril de 2016

Inscricións 4ª edición ruta BTT Oza Cesuras


O prazo para a inscrición na 4ª edición da BTT Oza Cesuras, que se celebrará o 8 de maio de 2016, xa está aberto.

O custo da participación é de 10€. A hora de saída será as 9.30, dende o Pavillón de Deportes de Oza dos Ríos como é habitual, e a recollida de dorsais pode facerse a partir das 8.30 ese mesmo día. Podedes consultar aquí o regulamento completo.

O pago da inscripción debe facerse efectivo na conta do Banco Santander ES85 0049 6637 7222 9001 9613

Podedes facer a preinscrición dende esta ligazón ou enviando un correo electrónico a bttozadosrios@gmail.com. De todas formas, só estaredes realmente inscritos unha vez feito o pagamento na devandita conta.

Nos casos de inscrición de múltiples participantes nun único pagamento, por favor facédenos chegar nun correo electrónico a hora, data e importe da transferencia ou ingreso, e os nomes de todos os participantes dos que se fai a inscrición no citado abono.

Este ano haberá lixeiras variacións con respecto ó traxecto de anos anteriores. Teremos unha ruta longa de arredor de 40 kilómetros polo Monte do Gato e Sendeiros do Mandeo na que sinalizaremos atallos para que se podan facer alternativas máis curtas.

Como en anteriores edicións, esta ruta cicloturista non é federada nin competitiva.

¡Esperámosvos!