martes, 6 de xuño de 2017

Grazas!


Aproveitamos a captura de pantalla do vídeo do noso compañeiro Álex Montes para darvos as grazas a todos os que fixeste posible esta quinta edición da ruta BTT Oza Cesuras: participantes, voluntarios, patrocinadores, protección civil, personal médico...

Só lamentamos que un ciclista, Adrián Gómez, sufriu unha lesión a causa dunha caída, e desexámoslle que estea dando pedales de novo o antes posible.

En vindeiros días iremos poñendo fotos e vídeos nas pestanas correspondentes do blog, e actualizando as novas no noso facebook.

Queremos darvos as grazas ós participantes, ademais, por deixar o monte tal como estaba, polo ambiente da ruta e por animarnos a seguir celebrando esta festa do "bicio".

Esperámosvos en 2018!

2 comentarios:

  1. Ola Juan Ito, moitas gracias e desculpa a tardanza en contestar. Ímolo preguntar á directiva e dicímosche.

    ResponderEliminar
  2. Resposta: non o sabemos. Viñeron por libre e polo visto logo venden o que fan!

    ResponderEliminar

Fainos a túa consulta ou comentario. Tentaremos contestala o máis axiña posible.