luns, 24 de abril de 2017

Pontevedra 4 Picos

Pois aí vos vai outra crónica. Desta vez escribiuna Álex Trujillo, un dos máis novos da BTT Oza Cesuras. Cóntanos a participación de cinco biciosos na Pontevedra 4Picos. Gracias, Álex!

-------------------------------
 PONTEVEDRA 4 PICOS, crónica de Álex Trujillo


O pasado sábado celebrábase a 3ª edición da proba ciclista “4 Picos” en Pontevedra: un total de 130 km con 3000m de desnivel acumulado (FAI CLIC). E como non, algún membro da BTT Oza-Cesuras non podía faltar, presentándonos na linea de saida 5 integrantes do club (un deles camuflado baixo os colores de Btwin) para afrontar un dos desafíos máis duros de Galicia.

As 7:15 cheguei o Palacio de Congresos de Pontevedra co encargo de recoller os dorsais de Keko, Suso, Rubén e Pablo. O día xa pintaba ben a esta hora, non se divisaba ninguna nube no ceo, e o sol (que non se deixou ver na nosa andaina de 200 kms a Finisterre) xa avisaba de como ía a ser a nosa aventura.

Sobre as 8:00 chegaban os meus compañeiros de aventura, coma sempre con un : “Ola Señor!!” precedido por un “Joder, puto Btwin” do Presi. Todos engalanados coa roupa da BTT e listos para afrontar o día a contos e a risas.



Na línea de saída, empezanse a escoitar burradas de nerviosismo e moitas risas, que se esfumarían nas primeiras rampas de asfalto que nos encontramos. Mais ou menos os 7-8 km empezaban os camiños de terra para empezar a ascender o primeiro pico chamado “Lago Castiñeiras” no que Keko e eu (Alex) impoñíamos un bo ritmo e deixabamos atrás os veteranos do club (Rubén, Suso e Pablo), que ían poñer un ritmo "a risas e a contos" durante a proba.

Keko e Álex


Aquí empezaba a aventura de Keko e miña, os dous novatos nesta proba, pero que repetiremos para o ano. O ritmo que levabamos era fuerte e constante, encontrandonos cada vez mellor km tras km hasta que na baixada cara o segundo pico, un pinchazo meu nos cortou. Keko foi buscar axuda coa mala sorte de que uns metros adiante tiñamos unha baixada técnica na que despois non consigueu subir. Uns bos samaritanos vestidos de ciclistas, pararon o meu lado e axudaronme a reparar esto, para logo emprender o camiño xuntos hasta o fin da baixada donde nos despedimos, xa que queria encontrar o meu compañeiro de aventuras como fora. Impuxen un ritmo moi alto ata o segundo avituallamiento onde me encontrei con el, que tamén tivo algún percance e tivo que usar a asistencia mecánica da proba.


Empezabamos a subida do segundo pico co mismo ritmo que subimos o primeiro, ou mais alto, dado que empezamos a 14 de media e acabamolo a case 15…¡¡¡como sube Keko mamaiña!!! Aquí xa serian as 12 do mediodía e o sol xa apretaba con ganas, menos mal que tocaba baixar e a brisa facía o seu traballo da mellor maneira posible. Unha baixada técnica e moi divertida nos esperaba para despois seguir por un paseo o lado do río para chegar de novo o Palacio de Congresos de Pontevedra, repoñer forzas, e mentalizarse dos 70 km que nos quedaban para superar a proba e obter unha medalla que sabe a gloria.
Suso, Pablo e Rubén
Empezamos a ascensión o terceiro pico, e o esforzo realizado nos primeiros dous picos pásame factura, tendo que parar en varias ocasions para estirar e repousar as pernas. Subindo a duras penas e con Keko esperando por min, chegamos o avituallamiento do km 74 onde nos tiramos durante 10 minutos a comer e a descansar, e a pensar que ía facer para conseguir acabar, dado que as pernas avisaban constantemente e non me vía con forzas para acabar os 60 km que faltaban.

Fomos tirando pouco a pouco, e conseguimos chegar a cima do “Acibal” (terceiro dos picos e o máis duro para min). Empezamos un descenso fácil con algun tramo técnico no que os brazos sufrían o cansancio e non se controlaba a bicicleta como se quería.


Sen auga nos nosos botellíns, iniciabamos o ascenso para o 4 pico no que, gracias a suerte divina, encontramos uns veciños da zona os cales nos enchían os botellíns con auga fresca, e nos avisaban do que nos viña encima neste pico; pero como xa sabemos os da BTT Oza-Cesuras, temos que ir tranquilos, so queda o pior

E esto foi o que non fixemos Keko e eu, ir tranquilos. Así como no terceiro pico subimos ó mínimo posible, neste volvemos a tirar coma castróns, pero antes ainda paramos 15 minutos no avituallamiento no km 104, no que chamamos os nosos compañeiros, os cales estaban tomando un Coca-Cola nun dos bares antes de iniciar o ascenso o ultimo dos picos, o monte Castrove. Nós, tirados a sombra e comendo ben, pensamos varias veces en quedar ali, pero chegados a este punto, non tiñamos volta.
 

Volvímonos subir as nosas compañeiras de fatigas, para empezar a ascensión a bo ritmo ó 4º pico. Ultimos 10 km de subida para despois facer unha baixada de 15 km faciles con algúns metros técnicos, e os últimos 4 de asfalto nos que xa empezabamos a felicitarnos despois de case 9 horas na bicicleta.

Unha vez na meta, puxéronnos a medalla de finisher ó pescozo e estivemos esperando polos nosos compañeiros que tardaron 30-40 minutos máis para facer unha entrada triunfal baixo os nosos aplausos.

Un bo día de bicio, no que tivemos tempo a disfrutar, a sufrir, a risas e a contos, no que tamen aprendín a que se non conoces a proba, hai que baixar o ritmo para non sufrir… Pero bueno, esto dígoo ahora, e seguramente nos 101 Peregrinos o vindeiro sábado me volva a pasar o mesmo...

Un saúdo e a recuperar esas pernas, biciosos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos a túa consulta ou comentario. Tentaremos contestala o máis axiña posible.