xoves, 20 de abril de 2017

Camiño a Fisterra



Aínda que non o pareza polo pouco que contamos por aquí, durante todo o ano dámoslle o bicio e ás veces ocórresenos facer cousas como esta que nos conta o presi, Suso Vilas, na súa primeira crónica. Que haxa moitas máis!

-------------------------------

CAMIÑO A FISTERRA




O pasado Venres Santo, 14 de abril,catro integrantes da BttOzaCesuras - aínda que nalgún maillot poñia btwin - decidimos facer unha ruta ca bici de carretera ata Fisterra. A idea inicial xurdiu de Ruben e Álex Trujillo, despois Keko e eu tamen decidimos unirnos o desafio.

As 7:30h recolleume Ruben, que viña acompañado da sua xefa. Nesta ocasión viña para acompañarnos de coche escoba, o cal era unha boa garantía por si xurdía algún problema físico ou mecánico. Despois de montar tamén Keko, dirixímonos ata Bertamiráns, onde quedaramos con Álex, o cal xa según chegamos tivo que facer de mecanico para amañar o cambio da miña montura, que quedou como novo en cero coma: un crack!

Saimos de Bertamiráns, con tempo fresco, e xa queriamos encontrar as primeiras subidas para entrar en calor. Iamos marcando bo ritmo en grupo e os primeiros kilómetros eran bos para rodar.


Como manda o código ciclista, fixemos parada para repostar , a primeira cerca da carballeira de Berdeogas, e despois volvimos rodar dirección Cee, o cal deixamos detrás e xa podiamos ver o faro de Fisterra.

A subida ó faro estaba libre de tráfico e subimos a bo ritmo, xunto a un rosario de xente que ian andando. No sprint final o faro, Alex chegou primeiro seguido de Keko, eran as 12:30h. Como tódolos foráneos que ali estabamos no faro, quixemos quitar fotos da nosa presencia na zona.



Pronto fixemos o descenso, no cal os derradeiros kilómetros estaban ateigados de coches que baixaban do faro e entraban no pobo. Alí encontramos á jefa no coche escoba, parada nunha longa caravana, e recomendámoslle que dera a volta.
 

De mutuo acordo decidimos ir pedaleando ata as 14:00h para parar a comer. A esa hora estabamos no Ézaro e como a cabra tira o monte, decidimos intentar subir ata o mirador antes de comer. O primeiro foi Alex o cal chegou ata o mirador (FAI CLIC). Despois Keko e eu só chegamos ata as primeiras rampas de cemento, onde o corazón e pernas non tiñan o día para subir. Rubén foi mais listo e xa quedou no principio da subida.


Para comer estaban os restaurantes petados de xente e con largos minutos de espera. Nun deles, tiñamos que esperar 30 minutos e non se podía reservar, pero alí estaba á jefa de Rubén al acecho dun sitio na terraza con vistas o mar, no cal disfrutamos dun bo xantar.

A temperatura agora era agradable e de seguido puxemos outra vez un bo ritmo ata Carnota.

En Muros fixemos parada técnica, pois tiña eu a familia que quixeron animarnos na nosa viaxe.
Keko dixo logo que moito agradeceu esa parada.

Nos vindeiros kilómetros xa só falabamos do tramo de subida a San Xusto. Antes da subida, fixemos parada pa comer uns bocatas de xamon... que ricos!

Facendo alarde de escalador, como en tódalas subidas longas, alá se nos foi Keko. e Alex uns metros detras, para afrontar a subida final. Rubén e eu, decidimos aforrar forzas e subimos a ritmo de caracol. Despois da subida fixemos un rapido descenso ata Urdilde, e alí estaban os dous fugados esperando.

Os ultimos kilómetros, fixémolos xuntos pero non revoltos, ata Bertamiráns. Ali xa estaba a jefa esperando e, despois de montar as bicis no coche, fumos tomar unhas merecidas cervezas (eu Super Bock). Alí comentamos o vivido durante o dia na bici.


Pola miña parte, dicir que disfrutei moitisimo da compañía e de todo o percorrido. Xa me tarda outra saida con mais biciosos. Falamos de repetir a ruta, pero polo monte.

Esto foi mais ou menos o que sucedeu. E si non, viñérades.

Saúdos!

Suso Vilas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos a túa consulta ou comentario. Tentaremos contestala o máis axiña posible.