venres, 5 de maio de 2017

Inscricións 5ª edición Ruta BTT Oza Cesuras

PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO,
ESPERÁMOSTE EN 2018!!

 

O prazo para a inscrición na 5ª edición da ruta BTT Oza Cesuras, que se celebrará o 4 de xuño de 2017, xa está aberto.

O custo da participación é de 10€. A hora de saída será as 9.30, dende o Pavillón de Deportes de Oza dos Ríos como é habitual, e a recollida de dorsais pode facerse a partir das 8.30 ese mesmo día. Podedes consultar aquí o regulamento completo.

O pago da inscripción debe facerse efectivo na conta do Banco Santander ES85 0049 6637 7222 9001 9613

Podedes facer a preinscrición dende esta ligazón ou enviando un correo electrónico a bttozadosrios@gmail.com. De todas formas, só estaredes realmente inscritos unha vez feito o pagamento na devandita conta.

Nos casos de inscrición de múltiples participantes nun único pagamento, por favor facédenos chegar nun correo electrónico a hora, data e importe da transferencia ou ingreso, e os nomes de todos os participantes dos que se fai a inscrición no citado abono.

O límite de participantes para esta edición está establecido en 350 bicios@s.

Como tódolos anos, haberá treitos novos. Manteremos unha ruta longa de arredor de 40 kilómetros polo Monte do Gato e Sendeiros do Mandeo na que sinalizaremos atallos para que se podan facer alternativas algo máis curtas.

E, como en anteriores edicións, esta ruta cicloturista non é federada nin competitiva.
Proximamente iremos anunciando os patrocinadores que fan posible a celebración deste evento, comezando, como en todas as rutas anteriores, polo Concello de Oza Cesuras.


¡Esperámosvos!

11 comentarios:

  1. Ya tenéis el track?

    ResponderEliminar
  2. Pienso estar rodando por esos montes de Oza Cesuras el 4 de Junio!!!!

    ResponderEliminar
  3. Jose Lodeiro, estás invitado a traballar, incluso. E ti, Manuel Taboada, o mesmo. ;)

    ResponderEliminar
  4. En que km estaran os atallos???

    ResponderEliminar
  5. Ola:

    Aínda non está pechado o recorrido, pero probablemente no 20 estea o primeiro, co que aforras sete kilómetros máis ou menos. Pero insisto: non temos o recorrido pechado.

    ResponderEliminar

Fainos a túa consulta ou comentario. Tentaremos contestala o máis axiña posible.