Pois aí vos vai outra crónica. Desta vez escribiuna Álex Trujillo, un dos máis novos da BTT Oza Cesuras. Cóntanos a participación de cinco biciosos na Pontevedra 4Picos. Gracias, Álex!
-------------------------------
PONTEVEDRA 4 PICOS, crónica de Álex Trujillo
O pasado sábado celebrábase a 3ª edición da proba
ciclista “4 Picos” en Pontevedra: un total de 130 km con 3000m de desnivel acumulado (FAI CLIC). E como non, algún membro da BTT Oza-Cesuras non podía faltar, presentándonos
na linea de saida 5 integrantes do club (un deles camuflado baixo os colores
de Btwin) para afrontar un dos desafíos máis duros de Galicia.
As 7:15 cheguei o Palacio de Congresos de
Pontevedra co encargo de recoller os dorsais de Keko, Suso, Rubén e Pablo. O día
xa pintaba ben a esta hora, non se divisaba ninguna nube no ceo, e o sol (que
non se deixou ver na nosa andaina de 200 kms a Finisterre) xa avisaba de como ía a
ser a nosa aventura.
Sobre as 8:00 chegaban os meus compañeiros de
aventura, coma sempre con un : “Ola Señor!!” precedido por un “Joder, puto
Btwin” do Presi. Todos engalanados coa roupa da BTT e listos para afrontar o
día a contos e a risas.
Na línea de saída, empezanse a escoitar
burradas de nerviosismo e moitas risas, que se esfumarían nas primeiras rampas
de asfalto que nos encontramos. Mais ou menos os 7-8 km empezaban os camiños de
terra para empezar a ascender o primeiro pico chamado “Lago Castiñeiras” no
que Keko e eu (Alex) impoñíamos un bo ritmo e deixabamos atrás os veteranos do
club (Rubén, Suso e Pablo), que ían poñer un ritmo "a risas e a contos"
durante a proba.
![]() |
Keko e Álex |
Aquí empezaba a aventura de Keko e miña, os dous novatos nesta proba, pero que repetiremos para o ano. O ritmo que levabamos era fuerte e constante, encontrandonos cada vez mellor km tras km hasta que na baixada cara o segundo pico, un pinchazo meu nos cortou. Keko foi buscar axuda coa mala sorte de que uns metros adiante tiñamos unha baixada técnica na que despois non consigueu subir. Uns bos samaritanos vestidos de ciclistas, pararon o meu lado e axudaronme a reparar esto, para logo emprender o camiño xuntos hasta o fin da baixada donde nos despedimos, xa que queria encontrar o meu compañeiro de aventuras como fora. Impuxen un ritmo moi alto ata o segundo avituallamiento onde me encontrei con el, que tamén tivo algún percance e tivo que usar a asistencia mecánica da proba.
Empezabamos a subida do segundo pico co mismo
ritmo que subimos o primeiro, ou mais alto, dado que empezamos a 14 de media e
acabamolo a case 15…¡¡¡como sube Keko mamaiña!!! Aquí xa serian as 12 do
mediodía e o sol xa apretaba con ganas, menos mal que tocaba baixar e a brisa
facía o seu traballo da mellor maneira posible. Unha baixada técnica e moi
divertida nos esperaba para despois seguir por un paseo o lado do río para
chegar de novo o Palacio de Congresos de Pontevedra, repoñer forzas, e
mentalizarse dos 70 km
que nos quedaban para superar a proba e obter unha medalla que sabe a gloria.
Empezamos a ascensión o terceiro pico, e o
esforzo realizado nos primeiros dous picos pásame factura, tendo que parar en
varias ocasions para estirar e repousar as pernas. Subindo a duras penas e con Keko
esperando por min, chegamos o avituallamiento do km 74 onde nos tiramos
durante 10 minutos a comer e a descansar, e a pensar que ía facer para
conseguir acabar, dado que as pernas avisaban constantemente e non me vía con
forzas para acabar os 60 km
que faltaban.
Fomos tirando pouco a pouco, e conseguimos
chegar a cima do “Acibal” (terceiro dos picos e o máis duro para min). Empezamos un
descenso fácil con algun tramo técnico no que os brazos sufrían o cansancio e
non se controlaba a bicicleta como se quería.
Sen auga nos nosos botellíns, iniciabamos o ascenso para o 4 pico no que, gracias a suerte divina, encontramos uns veciños da zona os cales nos enchían os botellíns con auga fresca, e nos avisaban do que nos viña encima neste pico; pero como xa sabemos os da BTT Oza-Cesuras, temos que ir tranquilos, so queda o pior…
E esto foi o que non fixemos Keko e eu, ir
tranquilos. Así como no terceiro pico subimos ó mínimo posible, neste volvemos
a tirar coma castróns, pero antes ainda paramos 15 minutos no avituallamiento
no km 104, no que chamamos os nosos compañeiros, os cales estaban tomando un
Coca-Cola nun dos bares antes de iniciar o ascenso o ultimo dos picos, o monte
Castrove. Nós, tirados a sombra e comendo ben, pensamos varias veces en quedar
ali, pero chegados a este punto, non tiñamos volta.
Volvímonos subir as nosas compañeiras de
fatigas, para empezar a ascensión a bo ritmo ó 4º pico. Ultimos 10 km de subida para despois
facer unha baixada de 15 km
faciles con algúns metros técnicos, e os últimos 4 de asfalto nos que xa
empezabamos a felicitarnos despois de case 9 horas na bicicleta.
Unha vez na meta, puxéronnos a medalla de
finisher ó pescozo e estivemos esperando polos nosos compañeiros que tardaron
30-40 minutos máis para facer unha entrada triunfal baixo os nosos
aplausos.
Un bo día de bicio, no que tivemos tempo a
disfrutar, a sufrir, a risas e a contos, no que tamen aprendín a que se non
conoces a proba, hai que baixar o ritmo para non sufrir… Pero bueno, esto dígoo
ahora, e seguramente nos 101 Peregrinos o vindeiro sábado me volva a pasar o mesmo...
Un saúdo e a recuperar esas pernas,
biciosos!!!