domingo, 3 de maio de 2015

Acabouse

Acabouse. Se cadra metimos a pata en moitas cousas pero esperamos que a ruta vos gustase. Sabemos o da moita lama que había porque tamén a pisamos nós sinalizando o monte, pero esperamos que para o ano repitades. A choiva destas semanas pasadas non foi cousa nosa; o sol de hoxe si :-D (pero levamos tarde os ovos a Santa Clara, por iso saiu ás 11). Na vindeira edición tentaremos facelo mellor para os máis duros e algo máis suave para a xente que quere disfrutar dun día de bici no monte sen ter que botar o corazón fóra.

Agradecemos moitísimo o apoio ós patrocinadores todos e, moi especialmente, a todos os voluntarios que botan horas no monte, ou traballando no pabellón para tentar que os que vides a Oza o pasedes o mellor posible. Os Biciosos de Oza e os seus amigos, familiares, fillos e veciños fan posible a BTT Oza Cesuras. Outra vez gracias.

Hoxe houbo que improvisar atallos á vista da dureza do día, ir recoller xente con averías por tanta lama, e traballar moito. Supoñemos que a imaxe de arriba é boa para transmitir o espíritu de todos os que participamos na III BTT Oza Cesuras, voluntarios e ciclistas. Se pinchas e non hai reposto, avanzas co que tes de man.

Non sabedes canto agradecemos que viñerades hoxe a montar pola nosa casa. Para o ano, máis.

8 comentarios:

  1. ...preciosa ruta!!...
    ...divertinme coma un neno pequeno!...penso que a auga e a lama tiveron moito que ver! :)..
    ...parabens!...moi ben organizada!...penso repetir!!

    ResponderEliminar
  2. Moi boa ruta e a colaboración excelente! Pra o ano máis!!

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. http://albertolodeiro.blogspot.com.es/2015/05/iii-ruta-btt-ozacesuras.html

    ResponderEliminar
  5. Encantoume a ruta ! Noraboa saiu todo moi ben .

    ResponderEliminar
  6. Perfecta. Divertida e ben sinalizada, solo un pero, unha mangueira para lavar 200 bicicletas non chegou a nada, o resto perfecto. Sen duda voltaremos. Noraboa.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Toda a razón, Manuel Carballo. Temos un sistema que reparte a auga da mangueira para catro mangueiras de xardín, e funcionou moi ben en anos anteriores. Pero resulta que cambiaron a boca de incendios e descubrimos, onte mesmo antes da ruta, que o sistema non é compatible coa nova. Así que... metedura de pata gorda. Pedímosvos disculpas e para o ano, seguro, volveremos a ter o sistema en marcha. Foi unha pena. Igual que teremos un botiquín no avituallamento, que este ano foi outro importante detalle que se nos pasou. Por sorte a ninguén lle fixo falta nada "urxente", só foron algunhas rozaduras...
      Sentímolo. E moitas gracias por vir e comentar. ;-)

      Eliminar
  7. Ruta incrible, a auga e lama fixerona dura pero ó mesmo tempo moitísimo mais divertida.
    Para o ano tedes un fixo maís.
    Grazas á organización e a todos os que colaboran por este pedazo día de bici

    ResponderEliminar

Fainos a túa consulta ou comentario. Tentaremos contestala o máis axiña posible.