luns, 7 de abril de 2014

Información de pagamento


O custo da participación na II Ruta BTT Oza-Cesuras é de 10€. A data definitiva de celebración é o 18 de maio, con saída ás 9.30 do Pavillón de Deportes de Oza dos Ríos, e recollida previa de dorsais a partir das 8.30. Podedes consultar aquí o regulamento completo.

O pago da inscripción debe facerse efectivo na conta do Banco Santander ES85 0049 6637 7222 9001 9613

Podedes facer a preinscrición dende este enlace ou enviándonos un correo electrónico. Se preferides directamente facer o pagamento, poñede o voso nome completo ou D.N.I. no "concepto" para poder verificar o pago coa lista de inscritos. Nos casos de inscrición de múltiples participantes nun único pagamento, por favor facédenos chegar nun correo a hora, data e importe da transferencia ou ingreso e os nomes de todos os participantes dos que se fai a inscrición no citado ingreso.

¡Esperámosvos!

12 comentarios:

  1. Bos días,

    Podedes poñer o número de conta completo incluindo o IBAN para poder facer o pago?

    Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Ola Anónimo:

    Xa está posto. Moitas gracias e desculpa as molestias. Pasóusenos o detalle.

    ResponderEliminar
  3. Boas tardes!teño unha dúbida cal é o correo electrónico o cal hai que mandar os datos se nos inscribimos duas persoas.Grazas

    ResponderEliminar
  4. Boas:
    No ártico 5° di que non vos facedes responsables dos accidentes dos que podíamos ser víctimas os ciclistas. Quere dicir eso que no caso de accidente, non existe seguro médico ???
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  5. Buenas yo tampoco encuentro el correo a donde os tenemos que mandar la fecha y hora de el ingreso

    ResponderEliminar
  6. Hola:

    El correo es bttozadosrios@gmail.com

    También puedes rellenar el formulario de inscripción
    http://bttozadosrios.blogspot.com.es/p/cargando.html
    y así tenemos tus datos, incluída la talla para el regalo.

    Saludos, gracias y disculpas por no tenerlo bien a la vista.

    ResponderEliminar
  7. Entendo entonces que non hai seguro médico nin asistencia no caso de haber alguna caída.
    Moitas gracias. Ainda que non contestachedes á mina pregunta sobre o ártico 5.

    ResponderEliminar
  8. Si, hai seguro, por iso principalmente se cobra unha cuota ós participantes. Pero o borrador de póliza que temos de momento contén datos privados e non podemos publicalo, lóxicamente. O regulamento e a póliza veñen sendo os habituais neste tipo de eventos non competitivos.

    Por outro lado, hai asistencia sanitaria, con ambulancia medicalizada.

    Pero non quero darche datos equivocados, por iso prefiro esperar a poder publicar a póliza para que vexas se a cobertura satisfai as túas expectativas.

    Saúdos e desculpa a demora.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ok
      Ahora si. Pero non pretendo que ensinedes a póliza do seguro. Só fixen una pregunta porque en ningún lado das bases aparece explicado o que para min é esencial.
      Un saudo

      Eliminar
  9. Muy buenas. He hecho ya el ingreso el sábado, y no aparezco en la lista. Ni yo, mi compañero Miguel Amador.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  10. Actualizada, Óscar. Xa figurades. Gracias e desculpa a demora.

    Anónimo, hoxe creo que poderemos publicar a póliza. Así non cometemos o erro de dicirche unha cousa equivocada. ¡Saúdos!

    ResponderEliminar
  11. Aquí podes consultar as condicións da póliza.

    https://drive.google.com/file/d/0B6eMSD2_FItYek15eWc5MWRpT2ZtdjFJZmNlaTlyVFZWOFR3/edit?usp=sharing

    Saúdos e gracias polo interese!

    ResponderEliminar

Fainos a túa consulta ou comentario. Tentaremos contestala o máis axiña posible.