xoves, 15 de maio de 2014

Consideracións de última hora



Ola:

Se fixestes o pago pero non aparecedes na lista de inscritos, non vos preocupedes. A nós tárdanos un par de días en figurar o ingreso. Por se acaso, traédenos o domingo o xustificante de pago e enviádenos unha mensaxe confirmando que ides vir. E desculpade as molestias.

O mesmo (que nos traiades o xustificante)  vos pedimos ós que fixestes o pago a última hora, por se non dá tempo a que aparezades no noso informe de banca electrónica.


Aqueles que xa fixestes o ingreso pero non enchestes o formulario, por favor, facédeo. É por ter unha estimación do avituallamiento e das tallas de camisetas.

Tamén hai quen pregunta se pode facerse a inscrición o mesmo día. Pero aí temos o problema do seguro. Pronto vos confirmaremos se existe esa posibilidade ou non.

¡Saúdos e ata o domingo!

5 comentarios:

  1. hola boas,o meu nome e Alejandro Feijoo martinez,queria confirmarvos a miña asistencia a marcha do domingo porque todavia non salgo na lista de inscritos.Gracis e un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Gracias, Alejandro. Por se temos problemas, traenos un comprobante, pero vémonos domingo.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Eu tampouco saio ainda na lista de inscritos e confirmovos que vou ir. Son Daniel Abeleira Costa.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. A que hora se recomenda estar por Oza?

    ResponderEliminar
  5. A partir das 8:30 máis ou menos, pódense recoller xa os dorsais. Pero xa sabes... ;-)

    ResponderEliminar

Fainos a túa consulta ou comentario. Tentaremos contestala o máis axiña posible.