O prazo para a inscrición na 4ª edición da BTT Oza Cesuras, que se celebrará o 8 de maio de 2016, xa está aberto.
O custo da participación é de 10€. A hora de saída será as 9.30, dende o Pavillón
de Deportes de Oza dos Ríos como é habitual, e a recollida de dorsais pode facerse a partir das
8.30 ese mesmo día. Podedes consultar aquí o regulamento completo.
O pago da inscripción debe facerse efectivo na conta do Banco Santander ES85 0049 6637 7222 9001 9613
Podedes facer a preinscrición dende esta ligazón
ou enviando un correo electrónico a bttozadosrios@gmail.com. De todas
formas, só estaredes realmente inscritos unha vez feito o pagamento na
devandita conta.
Nos casos de inscrición
de múltiples participantes nun único pagamento, por favor facédenos
chegar nun correo electrónico a hora, data e importe da transferencia ou ingreso, e
os nomes de todos os participantes dos que se fai a inscrición no citado
abono.
Este ano haberá lixeiras variacións con respecto ó traxecto de anos
anteriores. Teremos unha ruta longa de arredor de 40 kilómetros polo Monte
do Gato e Sendeiros do Mandeo na que sinalizaremos atallos para que se
podan facer alternativas máis curtas.
Como en anteriores edicións, esta ruta cicloturista non é federada nin competitiva.
¡Esperámosvos!